Friday 03 de May de 2024

A Escola Municipal de Música Magariños do Concello de Brión abre o prazo de matrícula para novo alumnado ata o 22 de xullo


A Escola Muncipal de Música Magariños abre o prazo de matrícula para novo alumnado alumnado. As inscricións poderán realizarse ata o vindeiro 22 de xullo na propia ESMU (avenida de Santa Minia, nº 70), de luns a venres, en horario de 10:00 a 13:00 horas, e os martes, de 16:00 a 19:00 horas. A documentación necesaria para solicitar a matrícula podese consultar na páxina web da Escola. As prazas son limitadas.

A Escola, creada no ano 2003, ofrece na actualidade unha oferta de 21 instrumentos ademais doutras materias complementarias coma linguaxe musical, coros, combos, banda de música, ensambles de clarinetes e saxofóns, agrupación de percusión, banda de gaitas, harmonía, análise musical e música e movemento, entre outras. O Plan Educativo de Ensinanzas Musicais recolle unha formación aberta a todos os veciños de Brión independentemente da súa idade.

O vindeiro curso 2016/2017 arrincará cunha maior oferta educativa despois de incluir a especialidade instrumental de canto nos tres itinerarios académicos –clásico, moderno e tradicional-.